FEIRA do cabalo en Brion

EL CORREO GALLEGO

A celebración brionesa terá lugar os días 22 e 23 e incluirá unha ruta equina polo monte Rañalonga. A Festa do Cabalo de Brión está este ano de celebración, pois chega á edición número trinta cun amplo programa de actividades que se desenvolverán nesta fin de semana, os días 22 e 23, no monte Rañalonga.

Ademáis, a asociación Festa do Cabalo traballa estes días na confirmación do número de exemplares participantes. “Agardamos contar cuns trescentos cabalos nas probas, dos que moitos estarán tamén na ruta cabalar do domingo, que terá lugar polas beiras do río Tambre”, explica Manuel Fernández, un dos máximos responsables da asociación organizadora, que conta coa colaboración do Concello de Brión e da Deputación Provincial de A Coruña.

A cita abrirá as súas portas o sábado 22 ás 18.00 horas, cunha embretada de xovencas, a tradicional carreira de burros e unha solta de vaquiñas. Para o domingo 23 queda o groso das actividades.

Ás 10.00 horas, a festa iniciarase cunha ruta cabalar polo monte Rañalonga, seguindo o leito do río Tambre. Ás 12.00 horas, os asistentes poderán asistir a unha proba de arrastre con tractores. Ás 14.00 horas, as actividades interromperanse temporalmente para xantar. Pola tarde, dende as 17.00 horas, terán lugar a xincana, o reprise de doma e unha nova ceiba de vaquiñas.

No hay comentarios: