Quenes somos

Servizos:
- Boxes 
- Rutas a cabalo
- Doma de cabalos
- Visitas guiadas
- Feira anual
- Ruta Xacobea
- Cea de Nadal
.-Reunions 

A asociación "Os trotamundos de Agolada", foi creada para manter a unión entre os cabaleiros principalmente de toda Galicia compartindo ocio, deporte e amizade, ofrencendo neste blog, toda a información sobre rutas, feiras e todo tipo de eventos relacionados co mundo ecuestre.

Estamos no municipio de Agolada, situado no centro xeografico da Comunidade Autonoma de Galicia,no extremo Nordeste de provincia de Pontevedra.
Linda ao Norte co rio Ulla , que o separa do Municipio de Santiso (A Coruña ),  e  Palas de Rei (Lugo); Sur, Monte Turubelo, lindeiro co Concello de Rodeiro; Esta, Serra do Farelo, facendo separacion  de municipio e division de provincia co municipio de Antas de Ulla (Lugo) e Oeste, rio Arnego facendo limite co Municipio de Lalin e Vila de Cruces. Pertence a Diocese de  Lugo, partido xudicial de Lalin e Comarca de Deza.

A sua extension e de 147,820 Km2. e a sua poboacion de 3460 habitantes, os que se reparten en 24 parroquias: Agra, Artoño , Baiña , Bais, Basadre, Berredo,Borraxeiros,Brantega,Brocos, Carmoega, Eidian ,  Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlin Orrea, Ramil, Santacomba, Sexto, Sexo, Trabancas, Val, Ventosa e Vilariño.
A capital do municipio e a  Vila de Agolada e pertence a parroquia de San Pedro de Ferreiroa.

O Concello de Agolada fundouse no ano 1799, o escudo e tipico  dun escribano, ten a balanza da xustiza, a arbore e a espada de axustizar.


No hay comentarios: