Feira do 23 Abril 2012 Moeche

23 de abril

Moeche

Trátase dunha feira adicada o cabalo que se ven realizando dende tempos inmemoriables, evento que achega a Moeche unha gran afluencia de público donde se dan cita afeccionados o mundo ecuestre de toda la Comunidade Autónoma, do Norte de Portugal e ata de Asturias. Durante todo o día pódese desfrutar das distintas actividades organizadas relacionadas co tema cabalar como poden ser carreiras de velocidade ou de carros, compra-venda de animais ou de todo tipo de arreos, o finalizar as probas terá lugar a entrega dos distintos premios ós clasificados das distintas categorías como poden ser a andadura, o trote ou os carros. Este día increméntanse os postos de venda da feira tradicional, con productos típicos como roupa, calzado, alimentos,... Tampouco se pode esquecer que se pode desfrutar dunha xornada gastronómica degustando in situ o típico "polvo a feira" que se dispensa en calquera dos toldos que ata Moeche se achegan neste día ou pola contra decantarse por un xantar máis elaborado en calquera dos establecementos de hostelería que se encontra moi preto de onde se desenvolven todas as actividades.


No hay comentarios: