2ª ruta cabalar en Melide o 12 de maio


O 12 de Maio será o día elixido pola asociación Cabaleiros de Melide para celebrar a II Ruta Cabalar da Terra de Melide. Celebráse por segundo ano consecutivo e as previsións son de contar cunha gran afluencia.
A Asociación de Cabaleiros da Terra de Melide ven de organizar a segunda Ruta Cabalar para o vindeiro 12 de Maio.
O pistoletazo de saída da ruta será ás 15 h con paradas programadas pola xeografía da comarca. O peche da xornada será ás 22 h no Pazo de Congresos de Melide cunha cea de confraternidade e a actuación dunha orquestra. 
O prezo da inscrición será de 30 € con todo incluido. Poderáse facer efectiva a inscrición nos seguintes teléfonos: 
635 401 524 -  669 268 965
666 203 328 - 630 980 783
A venda de entradas será na xoiería Pereiro (Melide) ou na Guarnicionería Hnos. Gómez (Arzúa). 
Será obrigatorio presentar o ticket de inscrición para facer a ruta. Hberá un recinto vixiado para os cabalos. 

No hay comentarios: