XXIV Festa do cabalo en Maside

O domingo 21 de Agosto terá lugar a Feira do cabalo de Maside

Os descendentes dos antigos arrieiros, gardaron sempre no seu corazón un gran cariño ó cabalo, e no ano 1988 organizaron a I Festa do Cabalo de Maside, no enclave natural do Puzo do Lago. 
Espertando unha gran interese non sólo a nivel rexional ou autonómico senón tamén nacional (coa presenza de importantes eguadas de León, Asturias, Zamora, etc.) e internacional cunha importante presenza de veciños de Portugal, a Festa do cabalo de Maside é a Festa cabalar continuada máis antita que se celebra en Galicia.
 
Os cabalos son protagonistas en Maside, das máis diversas probas, as cales a organización intenta variar e innovar ano tras ano. Así, ó longo destes 22 anos houbo edicións con espectáculos taurinos que simulaban á perfección ó ambiente andaluz, exhibicións de doma clásica, probas de horseball, arrastre con bois, etc., sendo fixas as distintas probas de andadura, carreiras, rodeo americano, beleza e estampa…. E como non, a degustación de exquisita carne de poldro, que converte esta festa cabalar tamén en unha xuntanza gastronómica.
  
A continua exaltación deste fermoso animal é posible grazas o traballo da ASIOCIACIÓN DO CABALO PUZO DO LAGO.

No hay comentarios: