Rapa das Bestas do Monte Castelo

Día 6: pola mañám iremos ata o monte a acabar de recoller o gando que quede desperdigado; pode vir quen o desexe. Ó mediodía baixaremos a comer: porquiño o espeto para todos os que estemos alí. Pola tarde teremos unha xincana, con premios ós mellores participantes e, de seguido, concurso de touro mecánico!, tamén con premios ó mellor montador.
Día 7: tradicional RAPA DAS BESTAS; subida das bestas as 12 do mediodía dende Viascón ata o curro. Despois, e durante toda a tarde, as cuadrillas de aloitadores farán as delicias do público montando e rapando as bestas, con premios ós mellores aloitadores.
Agardámosvos a todos!!!!!

No hay comentarios: