Curro das Bestas SANTO TOME (O VALADOURO), LUGO o 7 de agosto

Como todolos anos chega o gran dia, no que os cabalos salvaxes que andan a pastar nos montes de santo-tome son os principales protagonistas.
Dende primeiras horas da tarde do sabado os cabaleiros con reses no monte suben cos seus cabalos para comenzar a xuntar todas a cabezas para un recinto proximo o curro.
O domingo pola maña os cabalos salvaxes son conducidos polos xinetes e xente a pe para o curro. Unha vez dentro, comezase a separar todas as reses novas as que hay que marcar a fogo coas iniciales do seu propietario e cortarlle as crins, momento no que os ALOITADORES pelean corpo contra corpo ata derribalos. Cortar as crins e co fin de que pasen un verán mas fresco evitando que se críen parásitos. Seguidamente separanse os GARAÑÓNS (cabalos adultos machos),para que teña lugar unha pelexa entre eles demostrando cal e o dominante, sempre vaixo o control dos aloitadores para evitar que teñan feridas.

Todo o mencionado anteriormente ten lugar durante a maña, logo faise unha parada para xantar, hay cantina con polvo, xamón e mais variedade de comida e tamen hay mesas de pedra para toda aquela xente que leva a comida da casa.

Pola tarde e momento para a CARREIRA DE CABALOS E BURROS, cada modalidade cos seus correspondentes premios. Seguidamente e o momento das mulleres,homes e nenos para o TIRO A CORDA, os dous primeiros teñen premio os vencedores de cada sexo e os nenos recibiran un agasallo todos os participantes. Posteriormente e a SUBIDA A CUCAÑA, no que os participantes teñen que trepar por un poste de madeira de 5 a 6 metros de altitude para conseguir un xamón que hay colgado na punta.

Unha vez rematados todos estes xogos tradicionais, e momento para o sorteo de 300€ entre todos os alí presentes que teñan rifas, e a entrega de premios e trofeos os gañadores nas carreiras e tiro a corda.

Para finalizar, todos os membros da asociacion do Curro das bestas de santo-tome, convida a todo o mundo a que suba o curro a disfrutar dun día con estos maravillosos animales e da natureza que os rodea.

Gracias.

No hay comentarios: